A LENDA DE SAN ERO. / SAINT ERO´S LEGEND. Video


Video Name : A LENDA DE SAN ERO. / SAINT ERO´S LEGEND.

Tags : ALENDADESANERO./SAINTERO´SLEGEND.

Explanation : O Rei Afonso X cóntanos na Cantiga a Santa María número 103 o milagre acontecido ao nobre Ero, señor e despois abade do Mosteiro de Armenteira. A lenda pertence ao ciclo celta dos contos sobre o Paraíso, conservados nas tradicións orais de Bretaña, Cornualles, Gales, Galicia e Irlanda. A lenda de San Ero de Armenteira relaciónase tamén coas do abade Virila ( Navarra ) e o monxe de Heisterbach. Ã? un clásico teolóxico dos goces da eternidade que tivo unha ampla repercusión literaria no mundo occidental, coma sucedeu no mosteiro benedictino flamenco de Afflighem entre 1122-1195, ou coma en Francia, onde hai cara a 1195 unha tradución do bispo de Paris, ou reproducido tamén no ano 1212 por Jacobo de la Vorágine. A LENDA DE SAN ERO : Ero de Armenteira, nobre galego do século XII, tivo certa noite un soño no que a Virxe dicíalles tanto a el como á súa muller , coa que non tiña descendencia, que fundasen un mosteiro, pra que así tivesen descendencia espiritual. Así que o nobre Ero, señor destas terras, aburrido das intrigas e ruindades da vida mundana, decidiu consagrarse á oración e penitencia no sacro Monte Castrove e transformou un dos seus palacios en mosteiro fundando o Mosteiro de Armenteira, converténdose no seu abade. Durante a súa longa estancia no mosteiro o abade preguntábase a miúdo sobre como sería o Paraíso e rogáballe encarecidamente á Virxe que lle permitise velo. Así pois, un día, paseando polos bosques dos redores do mosteiro, Ero quedou cativado polo cantar dun ruiseñor e sentou a descansar quedándose durmido baixo as polas dun carballo ao deixarse levar polo deleite no arruio de tan fermoso canto. Dando volta cara ao mosteiro, o abade tiña a impresión de que aquel non era o camiño polo que viñese, pero chegando ao cenobio, a súa sorpresa foi máxima ao ver o seu antigo mosteiro convertido nunha construción máis moderna e grande, no que tamén había máis monxes. Aparvado e desconcertado, Ero dirixiuse a un monxe e expresoulle a súa confusión. Armouse un gran desconcerto no mosteiro ata que o monxe máis ancián, que escoitara falar do vello abade Ero, chegou cun vetusto libro de onde leu ante tódolos presentes a seguinte historia: "Santo Ero de Armenteira, nobre e piadoso home, fundador e abade deste mosteiro, quen nunca máis foi visto logo de saír a meditar ao monte Castrove" O vello abade comprendeu entón que mentres se deixou compracer co canto do ruiseñor, pasaran no mundo uns trescentos anos. Satisfeito do milagre de Santa María ao mostrarlle deste xeito o paraíso, Santo Ero encomiou esta graza pra inmediatamente falecer caendo aos pés dos sorprendidos monxes. Desde entón celébrase no campo do Mosteiro de Armenteira a Festa de Santo Ero e a Romaría das Cabezas en honra de Santa María. Nesta multitudinaria romaría galega de acción de grazas á Virxe das Cabezas, de propiedades milagrosas pra sana-las migrañas e outras doenzas craniais, obsérvase o seguinte: - Procesión da imaxe polo atrio do templo do mosteiro de Armenteira. - Ã? común ver aos asistentes portando sobre as súas testas exvotos con forma de efixies. - Os fieis presentan a súa devoción á imaxe, unha Virxe lactante, figura pouco común na iconografía relixiosa galega, similar á Virxe do Leite de Riofrío (Mondariz). O MOSTEIRO DE ARMENTEIRA.- O mosteiro de Armenteira amosa o aire de grandiosidade propio dos mosteiros cistercienses de orixe medieval a pesares de ser un dos máis modestos. A súa orixe remóntase a 1.149 cando don Ero Armentariz e a súa esposa, ao non ter descendencia, deciden fundar un mosteiro dúplice no lugar aproveitando unha igrexa prerrománica e as súas dependencias. A esta fundación engadíronselle importantes doazóns dos reis Afonso VIN e Fernando II así como as doutros nobres da época. Aos poucos anos, en 1.162 incorpórase á Orde do Cister. Coma outros cenobios cistercienses influíu de forma decisiva na historia da comarca, sobre todo no seu desenvolvemento agrícola. En 1.523 incorpórase á Congregación de Castela e abandónase en 1.837 como consecuencia da desamortización. A partir de entón comeza a súa ruína ata que en 1.963, Carlos de Valle Inclán, fillo do insigne escritor galego Don Ramón Mª del Valle Inclán, funda a Asociación de Amigos do Mosteiro de Armenteira e comeza a súa restauración. En 1.989, unha comunidade de monxas de Alloz (Navarra) restablece a vida cisterciense no cenobio dedicándose á fabricación de materiais e útiles litúrxicos. A partir de 1.990 a Xunta de Galicia inicia varias actuacións, máis ou menos afortunadas, pra a consolidación e restauración do recinto monasterial.

Watched : 5 Times



Random Videos

akron car jumper

guy jumps over car trash can and chair

Reno 911: Miami Movi.

Katherine and Zebulon talk about Reno 911: MIAMI. ...

Timvirishe al ritmo .

Aqui los angeles del CAE actuan una rola "muy mode...

Great tits Bakersfie.

Great tits Bakersfield

K&LSN Toxin Pollutio.

These guys are dumping and illegally dumping toxic...

Gocca - Avance Capit.

Un pequeño avance del capitulo 8 de la serie Gocc...

Kimbo Slice diss 2

Setting the record str8 for all the doubters, live...

Monarch: Chapter One.

The Phoenix Program was the assassination campaign...

Ice Carving

Ice Carving at New Orleans dinner. Starts at 006

Hallelujah

My friend Cassie once again singing, this time Hal...

camila, carol, carin.

em niagara falls

Sink the Bismarck

the Yamato bodily attack against Bismarck.

Sled wipeout

My nephew sledding down a gentle canadian hillside...

The Nomad - Iron Mai.

My 2nd music video attempt. Music is The Nomad fr...

Liderhosen fashion

It was dusk and I was in Salzburg and suddenly the...

Hawk Nelson-Every Li.

Every Little Thing - Hawk Nelson

All I Want For Chris.

My 2007 Christmas lights display synchronized to A...